lunes, 23 de abril de 2012

Que me queres, amor?


Soño coa primeira cereixa do verán. Doulla e ela levaa a boca, mirame con ollos calidos, de pecado, mentres fai sua a carne. De repente, bicame e devolvema coa lengua. E eu que marcho tocado para sempre, o oso da cereixa todo o dia rolando no teclado dos dentes como unha nota musical silvestre…
…Lola despidese de mama e vai cara a porta do cuarto do velorio. Ese xeito de andar. Incluso con zapatos parece que voa. Garza ou algo asi. Pero,¿que fai?volvese de repente, patina cara aquí coa saia plisada e fica pousada no cristal. Mirame con asombro, como se por vez primeira reparara en min.

“¿Impresionada,eh?”
“Pero, Tino,¿como fuches capaz?” Ten os ollos cálidos, de pecado, e a boca entreaberta.
Soño coa primeira cereixa do verán.

No hay comentarios:

Publicar un comentario